Os propios peregrinos foron dende sempre os mellores embaixadores do Camiño da Geira e dos Arrieiros (CGA). A rede social Youtube é boa proba delo, e nela pódense ver decenas de vídeos nos que os peregrinos relatan a súa experiencia no camiño. Un dos máis vistos é o titulado: Through the heart of Gerês, the best «Camino Português!» – Part I (Por el corazón de Gerês, el mejor «Camino Português!» – Parte I), que foi visto en 28.716 ocasións e logrou máis de 1.400 «Me Gusta».
O vídeo, obra do canal Follow the Sun no que unha parella de peregrinos relatan a súa camiñata, conta con unha segunda parte, que xa supera as 15.000 reproduccións e os 900 «Me Gusta».
Entre as dúas partes suman 44.129 visualizacións, uns 5.000 Me Gusta e 189 comentarios.