A Oficina do Peregrino fixo públicas as estadísticas do número de peregrinos chegados a Santiago de Compostela durante o ano 2024 polo Camiño da Geira e dos Arrieiros.
A cifra total das «Compostelas» outorgadas aos peregrinos do Camiño da Geira e dos Arrieiros quedou en 690, unha cifra moi relevante e que supera nun 26,1% ás 547 entregadas o ano pasado.


Peregrinos segundo a súa nacionalidade
Os portugueses son ampla maioría, contabilizándose un total de 400. A segunda nacionalidade no ranking é a española, cun total de 172. Despois seguen 31 da República Checa, 12 alemáns e 10 italianos. Belgas, eslovacos, polacos, brasileños son outras das 25 nacionalidades rexistradas neste camiño durante o ano 2024. A gráfica final é esta:

Punto de inicio e medio empregado
Un dos datos máis relevantes é o do punto de inicio da peregrinación. De todos é sabido que o camiño de Santiago está de moda e nos últimos tempos cada vez é máis frecuente que as peregrinacións se limiten a 100 km, distancia mínima para poder obter a Compostela. Este fenómeno dou lugar ao término Turigrinos, e moitas veces son movidos por axencias turísticas que ven as rutas xacobeas como un mercado máis.
No camiño da Geira e dos Arrieiros rómpese esa tendencia e os datos mostran que máis do 70% fixeron o percorrido enteiro, completando os 240 km dende a súa saída en Braga ata a chegada á cidade do Apóstolo. Para nós son respectables todas as formas de peregrinación, pero sen dúbida estes datos diferencian a este camiño do resto das vías. Un dos peregrinos do ano 2017 deixou escrito que esta ruta era «o regreso ao verdadeiro camiño«, algo que poida que sexa esaxerado, pero é unha afirmación que parece que cada vez os datos respaldan máis.

Datos das asociacións
Ao igual que ocorre noutras rutas non todos os peregrinos acuden á Oficina do peregrino da Catedral para recoller a Compostela, e por este motivo non aparecen nas estadísticas oficiais. Nun dos bares da penúltima etapa (Café da Geira de Codeseda) lograron fotografiar 839 persoas que pasaron polo establecemento percorrendo o CGA, e os colectivos promotores e colaboradores calculan que a cifra total en 2024 ronda os 1.247 peregrinos.