• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Caminos de Santiago desde Braga

Caminho da Geira e dos Arrieiros (CGA)

  • Inicio
  • Central
  • Taverneiro
  • Geira Arrieiros
  • Portada
  • Etapas
  • Cronología
  • Noticias
  • Vídeos
  • Descargas

O recoñecemento oficial da Geira, máis preto cada vez

Posted in: _Todas, Ano 2025, Estadísticas e reconto | 28/12/2025

O anuncio da Xunta de Galicia de crear en 2026 unha nova figura para recoñecer os itinerarios culturais de interese autonómico abre unha porta moi agardada para o Camiño da Geira e dos Arrieiros, unha ruta xacobea histórica que une Braga con Santiago de Compostela e que atravesa varias parroquias da Estrada e Forcarei.

A medida supón, segundo explica Carlos da Barreira, da Asociación Codeseda Viva, «un gran avance para un camiño que ata agora carecía de recoñecemento oficial». Créase a figura de itinerario cultural de interese autonómico, que «é unha categoría inferior ao Camiño de Santiago, loxicamente». Con todo, subliña que este paso é «igualmente moi positivo, porque pode supor unha maior protección do trazado e unha mellora nun dos seus principais déficits: a sinalización», aclara Carlos da Barreira.

Ata agora, o Camiño da Geira e dos Arrieiros «non tiña ningún recoñecemento por parte da Xunta de Galicia. O único que tiña era a certificación da Igrexa», sinala. Unha situación que contrasta coa realidade do camiño, cada vez máis coñecido e transitado por peregrinos de ata 49 nacionalidades.

Da Barreira destaca que este itinerario non oficial é o que máis peregrinos está a recibir, o que evidenciaba «unha necesidade social clara de mellorar o trazado e ofrecer unha imaxe máis coidada». Polo momento aínda non se sabe como se traducirá este recoñecemento anunciado: «Ata que se desenvolva a figura, non sabemos en que vai mellorar nin se vai haber máis investimento, máis promoción ou protección».

Sinalización e albergues

Segundo o presidente de Codeseda Viva, existen dúas materias pendentes moi claras. «O principal problema que hai no camiño é a falta de sinalización. Os desbroces son puntuais, pero fai falta mellorala en todo o percorrido por Galicia», afirma Carlos. «O tramo de Forcarei está moi mal sinalizado, practicamente non hai nada. En A Estrada está mellor, porque o sinalizamos nós coa axuda puntual do Concello, pero segue sendo insuficiente», argumenta.

Outro dos grandes condicionantes do Camiño da Geira é a escaseza de aloxamentos. Segundo Da Barreira, o número de peregrinos leva tres anos sen pasar do teito dos 1.300 anuais, pero non por falta de interese, senón por falta de capacidade. «Non poden vir máis porque non hai espazo nos albergues», resume. Con estas pequenas melloras e o recoñecemento da Xunta, o Camiño da Geira podería chegar moi lonxe.

Novo récord de compostelas cun total de 757

A pesar da falta de apoio institucional ata agora, o camiño consolidouse grazas á implicación da veciñanza. E en canto ás cifras, o balance é claramente positivo. «Agora mesmo imos por 757 compostelas. O ano pasado foron 690, no 2023 foron 547 e no 2022, 418», detalla Carlos da Barreira, quen subliña que se trata dun crecemento progresivo que confirma que «é unha ruta que xa está moi consolidada, e búscana sobre todo os peregrinos máis veteranos».Por último, resalta que «este recoñecemento é imporante, porque é un camiño que ten natureza, historia e unha experiencia de peregrinación como as de antes».

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2025/12/28/o-reconecemento-oficial-da-geira-125183225.html

sidebar

Blog Sidebar

Categorías

  • _Todas (194)
  • Ano 2017 (25)
  • Ano 2018 (26)
  • Ano 2019 (36)
  • Ano 2020 (16)
  • Ano 2021 (12)
  • Ano 2022 (4)
  • Ano 2023 (30)
  • Ano 2024 (22)
  • Ano 2025 (16)
  • Asociacións e colaboradores (50)
  • Estadísticas e reconto (41)
  • Prensa e publicacións (21)
  • Relatos de peregrinos (75)
  • Servizos e aloxamentos (8)
  • Vídeos do Caminho (20)

Guía do patrimonio

guia-caminho-santiago-vusual-geira

(Só en galego)

Guía do percorrido

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Português

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Español

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Galego

guia-etapas-camino-portugues-braga-ribeiro

English

guia-etapas-camino-portugues-braga-ribeiro

Italiano

st-jacques-de-Compostelle-le-chemin-braga-Geira

Français

   
caminho-de-santiago-peregrinos-tji
peregrinos-geira-camino-romana-minoto-arrieiros-santiago
Facebook

© Copyright 2026

  • Portada
  • Etapas
  • Cronología
  • Noticias
  • Vídeos
  • Descargas
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y la experiencia del usuario a la hora de navegar por nuestra web.Aceptar Más información

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR