Carlos, de Lisboa, é o primer peregrino que chega este ano a Santiago de Compostela polo Caminho da Geira e dos Arrieiros. Iniciou en Braga o 27 de decembro e rematou esa primeira etapa hospedado no albergue de Santiago de Caldelas (Amares).

Cando atravesaba un dos tramos do concello de Forcarei tivo unha caída e precisou asistencia médica con 7 puntos de sutura. A pesares dese incidente puido rematar a súa peregrinación chegando o día 5 ao Obradoiro.
