Despois de varios meses nos que chegaron moitos menos peregrinos dos previstos, nos primeiros meses deste ano 2023 estase recuperando o paso frecuente de peregrinos.
Ano 2022
Os datos do ano 2022 deixaron a contabilización dos establecementos e colectivos que participan no reconto entre os 1.032 e os 1.211 peregrinos, dos que prácticamente hai imaxes de todos (algúns non quixeron aparecer nas fotos). Moitos dos que fan o camiño en bicicleta, ao facer etapas moi longas e parar en poucos establecementos, quedaron fora deste reconto.
O conteo dos que acudiron á Oficina do Peregrino pola Compostela quedou nun total de 418 peregrinos. A previsión era que só na peregrinación da PEJ xa ían vir 500 peregrinos, pero as trabas postas por algúns concellos para facilitar os pabellóns fixo que os organizadores comunicaran (o día 4/2/2022) que descartaban esta ruta. O problema do boicot á sinalización foi outros dos motivos que fixo descender o número de camiñantes, pero para este ano 2023 xa está informando de que hai que voltar ao uso do GPS. Non é a situación ideal, pero polo menos da total seguridade ao peregrino.
Recuperando o ritmo en 2023
O sábado día un de abril recibimos fotos de polo menos 60 peregrinos que estaban no camiño da Geira e dos Arrieiros ese día. Estas son algunhas delas:

(Foto cortesía da Junta de Freguesia de Caldelas, Sequeiros e Paranhos).

(Foto cortesía de AEJ Amares).

(Foto enviada polos peregrinos)

E o domingo día 2, máis!
O domingo tivemos chegáronnos máis fotos de peregrinos no camiño. Neste caso foron 27 camiñante do grupo Roteiros de Lalín que están facendo a ruta por etapas e ese día percorreron os 30 km entre Santiago de Caldelas (Amares, PT) e Campo do Gerês (Terras de Bouro).
