Inicio en Braga día 13/09/2018 e chegada a Santiago no día 20/09/2018.
Dia 1 Braga – Terras de Bouro
Durmida en Casa das Termas. 60 € con 3 dormitorios, cociña e salón.
Está a 1 km do pobo mais ou menos pero está moi ben para descansar, moi recomendable.
A 100 metros da casa está o restaurante Lúa de Mel que se pode comer barato e o persoal é moi atento.

Chegando á Igrexa de San Fructuoso
Dia 2 Terras de Bouro – Os Baños
Durmida en pensión residencia As Termas. 3 dormitorios a 25 € cada un.
Pequeno almorzo a 3,5 € con zume de laranxa, café con leite grande, 2 tostadas e Croissant. Recomendable.
Dia 3 Os Baños – Castro Laboreiro
Durmida en Just Natur Guesthouse. 3 dormitorios a 35 € cada un con pequeno almorzo consistente en leite, café, frutas, queixos, pan, mermeladas caseiras… súper recomendable.
Dia 4 Castro Laboreiro – Cortegada
Durmida en pensión Buenavista. 3 dormitorios a 15 € cada un sin pequeno almorzo (precio especial para peregrinos), tamén teñen bar e pódese cear. Moi recomendable.

Os peregrinos cruzando por última vez a fronteira entre Portugal e España
Dia 5 Cortegada – Pazos de Arenteiro
Non topamos aloxamento libre cerca e fomos para Carballiño (a 10 km aprox.) Mención especial para os dono do bar A Ponte que se ofreceu a levarnos a Carballiño no seu coche gratis.
Dia 6 Pazos de Arenteiro – Soutelo de montes
Durmida en hotel Millenium. 20 € por dormitorio (por ser peregrinos) con pequeno almorzo (café e croissant), bo trato cos peregrinos.
Dia 7 Soutelo de Montes – A Estrada
Ó estar cerca da casa xa pernoctamos nela.
Dia 8 A Estrada – Santiago
Un gran Camiño, con moitas posibilidades pero con moitos atrancos tamén. O principal é a falta de sinalización que obriga a estar sempre pendentes do libro e GPS.
Hai tramos que necesitan mais coidados de limpeza da maleza, sobre todo nalgunhas zonas dos tramos portugueses. Unha aventura satisfactoria pero moi dura.

Os peregrinos no Obradoiro mostrando a guía