Unha trintena de peregrinos de Amares (Braga, Portugal) chegaron este domingo á praza do Obradoiro seguindo a ruta Geira-Arrieiros, e fixérono vestidos de templarios na honra dunha personaxe ilustre da súa freguesía, Gualdim Pais.
José Manuel Almeida, presidente da freguesía Caldelas-Paranhos comenta que esta ruta, pendente de ser aprobada pola Xunta “terá resolución, previsiblemente a finais de ano ou no primeiro trimestre de 2024”.

Trátase dun Camiño que entra directamente en Compostela, sen enlazar en Galicia con ningún dos camiños xa oficiais, como a ruta da Prata, por exemplo.

O Camiño Geira-Arrieiros percorre primeiro Portugal, pola antiga vía romana e percorre tres concellos lusos, entra en Galicia e volve a de novo a Portugal, Melgaço, para logo continuar dende Cortegada até Terra de Montes e entrar en Santiago por Pontevea.

“É a verdadeira esencia do Camiño”, di Almeida, “ten moita montaña, é o interior de Galicia, non hai portamochilas, podes ir soa boa parte das dez etapas coas que conta”.

Entre os peregrinos estiveron o vereador de Turismo de Amares e os presidentes da Junta de Freguesías de Lago y da de Caldelas, Sequeiros e Paranhos, que fixeron a ruta como muestra do seu compromiso coa súa promoción.
Textos basados en noticias do Correo Gallego e La Voz de Galicia.