A Oficina do Peregrino fixo públicas as estadísticas do número de peregrinos chegados a Santiago de Compostela durante o ano 2022.
A cifra total das «Compostelas» outorgadas aos peregrinos do Camiño da Geira e dos Arrieiros quedou en 418, unha cifra moi relevante, aínda que claramente mermada polas dificultades coa destrucción da sinalización nos tramos centrais da ruta.


Peregrinos segundo a súa nacionalidade
Os portugueses son ampla maioría, contabilizándose un total de 311. A segunda nacionalidade no ranking é a española, cun total de 55. Despois seguen 21 brasileños e 5 franceses. Alemáns, italianos, estadounidenses, autralianos, eslovenos e holandeses tamén se uniron a este camiño durante o ano 2022. A gráfica final é esta:

Punto de inicio e medio empregado
Un dos datos máis relevantes é o do punto de inicio da peregrinación. De todos é sabido que o camiño de Santiago está de moda e nos últimos tempos cada vez é máis frecuente que as peregrinacións se limiten a 100 km, distancia mínima para poder obter a Compostela. Este fenómeno dou lugar ao término Turigrinos, e moitas veces son movidos por axencias de viaxes xeneralistas ou colectivos turísticos que ven as rutas xacobeas como un mercado máis.
No camiño da Geira e dos Arrieiros rómpese esa tendencia e os datos mostran que máis do 80% fixeron o percorrido enteiro, completando os 240 km dende a súa saída en Braga ata a chegada á cidade do Apóstolo. Para nós son respectables todas as formas de peregrinación, pero sen dúbida estes datos diferencian a este camiño do resto das vías. Un dos peregrinos do ano 2017 deixou escrito que esta ruta era «o regreso ao verdadeiro camiño«, algo que poida que sexa esaxerado, pero é unha afirmación que parece que cada vez os datos respaldan máis.

84,69% Braga; 15,31% resto de puntos

83,97% a pé; 12,44% bici; 3,59% cabalo
Parte das fotos do reconto do ano 2022
