• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Caminos de Santiago desde Braga

Caminho da Geira e dos Arrieiros (CGA)

  • Inicio
  • Central
  • Taverneiro
  • Geira Arrieiros
  • Portada
  • Etapas
  • Cronología
  • Noticias
  • Vídeos
  • Descargas

Dous peregrinos de madeira de cedro no Camiño

Posted in: _Todas, Asociacións e colaboradores | 10/07/2025

Xesús Méndez Padín é o autor destas pezas que dan vida a aldea do Sisto, na parroquia de Pardesoa, en Forcarei

Tras a tala de dous cedros que ameazaban con caer sobre a calzada, a asociación veciñal do Sisto, na parroquia de Pardesoa, en Forcarei, empezou a darlle voltas á idea de aproveitar eses troncos. A través dun amigo común o desafío chegoulle ao escultor Xesús Méndez Padín, nativo de Vilalonga, no Concello de Sanxenxo pero afincado desde fai anos no Concello da Lama, e o afrontou con moita ilusión.

O primeiro paso foi, conta, botarlle unha ollada aos troncos «que non tiñan defectos aparentes». Preguntou por un posible motivo e dado que a aldea está á beira do Camiño da Geira e dos Arrieiros, unha alternativa ao Camiño Portugués, xurdiu a idea de facer dúas figuras, unha con cada tronco de dous peregrinos. Padín relata que mantivo a altura máxima de cada unha das pezas de madeira e de aí saíron unha peregrina e un rapaz peregrino que camiña diante da muller e mira cara atrás.

Xesús conta que «eu son escultor desde rapaz na pedra e na mármore, pero no traballo da madeira son autodidacta e levo 16 ou 17 anos». O traballo non foi doado porque como el mesmo relata «non é o mesmo traballar a madeira no taller como acostumo, con madeira seca que esculpir ao aire libre cunha madeira aínda viva e foi un desafío traballar unha madeira que aínda sangra e ten savia» e a que como materia viva lle inflúen as condicións ambientais de humidade e sol.

As figuras foron nacendo pouco a pouco deses troncos de madeira sen máis guía que o boceto que fixo ao primeiro para mostrar o modelo a agrupación. Na execución da encarga, a proceder dunha agrupación veciñal con poucos medios, no pesou nin moito menos o económico senón o desexo deste artista de contribuír coa súa obra «a este proxecto que supón tamén a recuperación dun camiño secular.

Méndez Padín destaca a beleza deste lugar «que ten un patrimonio marabilloso» e que está a revivir. «Fai dez anos, aquí só vivía a señora Concha, que ten 97 anos, e a aldea estaba esmorecendo pero empezaron a chegar os devanceiros dos antigos habitantes destas terras que comezaron a rehabilitar as casas mantendo a esencia e o seu aspecto orixinal», explica. Con eles chegaron tamén outros de fora.

Xesús Méndez explica que «atopeime con xente de Salamanca, de Tenerife e ata de Irlanda e é bonito ver como o pobo revive». Este venres, día 11, coincidindo coa celebración de San Bieito, patrón desta aldea que conta cuns 20 veciños, está prevista a presentación das esculturas nunha praciña do pobo á tardiña nun acto que estará organizado pola agrupación veciñal que preside Jesús Otero Campos.

O escultor mantivo a altura orixinal dos troncos e as pezas teñen unha altura de 1,96 e 1,40 respectivamente. Son, explica, algo máis grandes que a tamaño natural, pero coa perspectiva a sensación para os que pasan é que son dous peregrinos a tamaño real. Tras a talla, o artista imprimiulles cor para estes novos camiñantes que poboarán para sempre este Camiño da Geira e dos Arrieiros que cada día conta con un maior número de adeptos.

Noticia da Voz de Galicia e Faro de Vigo

sidebar

Blog Sidebar

Categorías

  • _Todas (183)
  • Ano 2017 (25)
  • Ano 2018 (26)
  • Ano 2019 (36)
  • Ano 2020 (16)
  • Ano 2021 (12)
  • Ano 2022 (4)
  • Ano 2023 (30)
  • Ano 2024 (22)
  • Ano 2025 (10)
  • Asociacións e colaboradores (50)
  • Estadísticas e reconto (34)
  • Prensa e publicacións (18)
  • Relatos de peregrinos (75)
  • Servizos e aloxamentos (8)
  • Vídeos do Caminho (19)

Guía do patrimonio

guia-caminho-santiago-vusual-geira

(Só en galego)

Guía do percorrido

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Português

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Español

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Galego

guia-etapas-camino-portugues-braga-ribeiro

English

guia-etapas-camino-portugues-braga-ribeiro

Italiano

st-jacques-de-Compostelle-le-chemin-braga-Geira

Français

   
caminho-de-santiago-peregrinos-tji
peregrinos-geira-camino-romana-minoto-arrieiros-santiago
Facebook

© Copyright 2025

  • Portada
  • Etapas
  • Cronología
  • Noticias
  • Vídeos
  • Descargas
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y la experiencia del usuario a la hora de navegar por nuestra web.Aceptar Más información

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR