O Caminho da Geira e dos Arrieiros acadou o 11 de setembro a cifra de 600 Compostelas entregadas no que vai deste ano 2025. Os promotores destacan que o importante non é esta cifra, senón que o relevante é que máis do 80% completou os 240 Km do percorrido e o 96,7% sairon dende Portugal (sen limitarse aos últimos 100 Km é tendencia noutras rutas). Outro punto relevante é que a gran maioría son peregrinos tradicionais, con mochila, capacidade de sufrimento e desexo de coñecer e coñecerse.


