• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Caminos de Santiago desde Braga

Caminho da Geira e dos Arrieiros (CGA)

  • Inicio
  • Central
  • Taverneiro
  • Geira Arrieiros
  • Portada
  • Etapas
  • Cronología
  • Noticias
  • Vídeos
  • Descargas

A etapa Cortegada – Berán relatada por Marité Iglesias

Posted in: _Todas, Ano 2019, Relatos de peregrinos | 02/12/2019

Máis unha etapa no día de hoxe, 23 de novembro de 2019, polo Camiño da Geira e dos Arrieiros, de algo máis de 20 kms.
Despois das intemperies destes días, hoxe tivemos un día sen chuvia, o que facilita a andaina e posibilita gozar máis das paisaxes e ver horizontes despexados.
Foron 20 kms preciosos, variados en matices, cheos de beleza en forma de cores, sabors, cheiriños e sentires, sons e pegadas sobre sendeiros brandos cubertos de frouma e follas cor de outono espléndido.
Os ríos, cheos a rebosar, estiveron presentes sempre ó longo da nosa andaina: o Miño, o pai Miño, maxestuoso e pletórico alí embaixo, sempre á nosa esquerda.
O Arnoia e o Avia foron saíndo ó seu encontro segundo iamos avanzando sumando forza e vida para unhas terras cheas de sede hai tan só uns meses, agora fartas e agradecidas por tanta xenerosidade líquida.
As cores que se nos ofrecían tiñan todos os matices múltiples dun outono grisallento no ceo pero vermello, dourado , acastañado, verde irto en madroños, follas de pradairo, de ameneiro, de castiñeiro, de musgo e de sobreira mornamente verdegrisáceo e piñeiro resinoso.
Os fentos é por zonas: un marrón caoba brillante á raiola diagonal dun sol esquivo, e amareloverdoso languidecente noutras chousas.
Os sons da auga, fachendosos en ríos e rigueiros, acompañan de cando en vez, impoñéndose a todo o entorno.
O silencio do Miño, inmóbil en apariencia, espellando as nubes e os montes, non deixa de sorprendernos. Tal é a cantidade de auga muda, inmensamente silandeira.
Os madroños estrando dun vermello rechamante as beiras dos sendeiros, invitan a mirar carra arriba e descubrir uns arbustos verdes cheos dunha froita tan sabrosa como atraínte ós ollos.
Sentímonos en comuñón coa natureza exuberante e farturenta.
Os cogumelos cor café con leite, brancos, amarelos e algunha cesárea alaranxadadourada-
vermella sorpréndennos coma se atoparamos un pequeno tesouro.
Arrecende a monte cheo de vida e cor, a cortizas de árbores tapizadas de musgo e líquen. Igual cás penedas recubertas dun verde veludo natural mollado.
Descubrimos por eses pobos adiante petos de ánimas,fontes con e sen data, hórreos en desuso e algúns escangallados, igrexas pouco ou nada frecuentadas, cruceiros, antigas escolas “nacionais” reconvertidas en locais sociais, e casas, todas as casas, con patín, de pedra as casas de cantería, encintadas, casas soas moitas delas, casas restauradas, bancos de madeira da Deputación de Ourense onde ninguén se senta, e vellos e vellas outeando desde a horta , desde a fiestra, e grandes extensións de vides, amareladas neste tempo e cor púrpura, algunhas, poucas, xa podadas.
Todo é viño no Ribeiro.
Casonas, igrexas, balados impoñentes doutros tempos delimitando propiedades e señoríos.
Galerías soas dun branco usado e sen vida, todo pechado en si mesmo.
Falta vida e sobra beleza.
Non podemos senón preguntarnos: até cando estas vides pervivirán?
Tantas laranxas pendurando das laranxeiras ó pé das casas, quen as comerá?
En Ribadavia todo é fermosura e soidade, historia e silencio, humidade e pedra. Igrexas e máis igrexas. Árbores amarelas de copas inmensas e ben coidadas.
Todo é quietude e silencio a finais de novembro. Nada que ver co rebumbio puntual da Festa da Istoria alá polo mes de agosto.
Un ceo cheo de nubes formando castelos caprichosos, coma o da vila, despídenos até a próxima andaina.
A vida pode ser isto: camiñar e camiñar até o fin.

Castelo de Ribadavia

 

Igrexa de Santiago (S. XII – XIII)

 

Soportales en Ribadavia

 

sidebar

Blog Sidebar

Categorías

  • _Todas (180)
  • Ano 2017 (25)
  • Ano 2018 (26)
  • Ano 2019 (36)
  • Ano 2020 (16)
  • Ano 2021 (12)
  • Ano 2022 (4)
  • Ano 2023 (30)
  • Ano 2024 (22)
  • Ano 2025 (9)
  • Asociacións e colaboradores (49)
  • Estadísticas e reconto (33)
  • Prensa e publicacións (18)
  • Relatos de peregrinos (75)
  • Servizos e aloxamentos (8)
  • Vídeos do Caminho (19)

Guía do patrimonio

guia-caminho-santiago-vusual-geira

(Só en galego)

Guía do percorrido

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Português

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Español

guia-caminho-santiago-etapas-minhoto-geira

Galego

guia-etapas-camino-portugues-braga-ribeiro

English

guia-etapas-camino-portugues-braga-ribeiro

Italiano

st-jacques-de-Compostelle-le-chemin-braga-Geira

Français

   
caminho-de-santiago-peregrinos-tji
peregrinos-geira-camino-romana-minoto-arrieiros-santiago
Facebook

© Copyright 2025

  • Portada
  • Etapas
  • Cronología
  • Noticias
  • Vídeos
  • Descargas
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y la experiencia del usuario a la hora de navegar por nuestra web.Aceptar Más información

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR